|
|
A TODA FILOSOFIA! |
|
|
A primeira guía galega á Filosofía en Internet
|
|
Eiquí atoparás vínculos a páxinas cheas de información sobre os autores e escolas máis importantes. Calquera que sexa o tema no que andes á percura de información, de seguro atoparás un link eiquí. Unha guía de Departamentos de Filosofía en Universidades de todo o mundo. Buscadores especializados, sitios xerais de Filosofía-coma este-, Enciclopedias, Diccionarios e obras de referencia. Sociedades adicadas a Filósofos ou temas, Clubes de Filosofía, Proxectos... Tódalas que te poidas imaxinar, adicadas ós máis variados temas. E todas con contenido completo en liña. Para que non gastes un peso máis mercando libros, eiquí temos moitos clásicos da Filosofía agardando a ser ollados. LIBRERIA Por si queres gastar algúns pesos mercando libros novos...De momento, está en construcción. Algúns lugares nos que podes atopar ofertas de emprego no eido da Filosofía. Non son moitos, pero algo é algo. ¿ Que vos parecería facer unha comunidade de Filosofía en galego? Aberta a tódolos que estivesen interesados. Se somos suficiente xente(que a hai), poderemos ter foros de discusión, un chat, e tamén artigos publicados por nós. De momento, podes envía-los teus comentarios e suxerencias sobor disto.
|
Sacamos estas páxinas, máis que nada, porque estabamos fartos de que non houbese unha guía ós recursos de Filosofía en Internet feita na nosa lingua.
De paso, aproveitamos para invitar a quen o desexe a traballar en galego sobre algún filósofo. Dá vergoña pensar que aínda non existe, en todo Internet, unha páxina adicada a Amor Ruibal, por poñer un exemplo.
Animádevos e sacade cousas. Hai que demostrar que a Filosofía aínda non morreu na nosa terra.
Xosé Mª Filgueiras, 2000-2004
|
Inaugurada o 1 de Xullo do 2000
Visitas: